Chantada acolleu unha xornada de networking para o empresariado local

•Conde presentou aos empresarios chantadinos as axudas da Xunta para 2016, con 185 millóns de euros destinados ao fomento do emprego, o impulso do investimento empresarial, a innovación e internacionalización, e a eficiencia enerxética

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado polo alcalde de Chantada, Manuel Varela, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a xornada de networking celebrada no Telecentro chantadino o 19 deste mes. CEEI.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado polo alcalde de Chantada, Manuel Varela, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a xornada de networking celebrada no Telecentro chantadino o 19 deste mes. CEEI.

• O pasado 19 de xaneiro, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, desprazouse a Chantada para participar nun networking co empresariado local. Conde, que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Chantada, Manuel Varela, deu a coñecer aos emprendedores as principais axudas que xa ten activas a Consellería para 2016, e que supón o 70% dos apoios para este ano. Según precisou o titular de Economía, as achegas suman 185 millóns de euros destinados ao fomento do emprego, o impulso do investimento empresarial, a innovación e internacionalización, e a eficiencia enerxética.

REFORZO AO SECTOR AGROALIMENTARIO NO EMPRENDEMENTO RURAL

O conselleiro apostou polo «diálogo permanente» co tecido empresarial «para ser capaces de seguir a crear emprego e riqueza». Neste sentido, Conde avogou polo emprendemento no rural con axudas centradas na economía social para reforzar, entre outros, ao sector agroalimentario.

CONDE: «CHANTADA É EXEMPLO DE INICIATIVAS NO SECTOR DAS COOPERATIVAS»

Na súa intervención no networking de Chantada, o titular de Economía destacou a importancia de traballar cara á industrialización e transformación do sector lácteo. «A sostibilidade do sector pasa pola produción e transformación do leite», subliñou. Conde afirmou tamén que Chantada é «exemplo de iniciativas empresariais e referente no sector do cooperativismo», poñendo en valor o proxecto da cooperativa Icos, que contou co apoio de XesGalicia. «Esta iniciativa é un exemplo que seguiremos acompañando desde o Goberno galego», afirmou o titular de Economía.

DETALLE DAS AXUDAS AO EMPRENDEMENTO

Entras as diferentes axudas que xa ten en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria destacan o fomento do emprego autónomo, no que a Xunta inviste este ano 20,5 millóns de euros.

As partidas deste departamento incorporan tamén axudas para impulsar a economía social, especialmente no rural, con liñas de capital risco de 5 millóns ou o programa de incentivos que suma 1 millón.

Ademais, hai que suliñar o impulso da Xunta para a creación de cooperativas entre os menores de 30 anos. Asimesmo, Conde expuxo as axudas do Goberno galego cos concellos para apoiar a mellora da empregabilidade dos traballadores, a través de accións como os obradoiros de emprego, aos que a Consellería destina este ano 14 millóns de euros.

O titular de Economía e Emprego puxo en valor o esforzo que está a facer a Xunta «para acompañar ao autónomo e o emprendedor, especialmente no rural». •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP descarta «polo de agora» un congreso local en Sarria

Seguinte Nova

Premio ao Outono Gastronómico como mellor programa nacional de turismo activo en enogastronomía

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: