
•Os de Neka estrean o ano con 11 medallas en competición. A cita do Open internacional de Esposende, celebrado nesta localidade portuguesa o pasado 6 de febreiro, inicia a intensa axenda deportiva para os monfortinos.
MEDALLISTAS DO NEKA POR CATEGORÍAS
En categoría infantil individual, obtiveron tres ouros Aitor Teijeiro, Laura Álvarez e Daniel Areán, e catro bronces Marco García, Lucía Roca, Carla Pardo e
Carlos Fernández. Asimismo, foron medalla por parellas infantil Laura Alvarez e Daniel Areán, que gañaron o ouro, e Carla Pardo e Marco García, que levaron a prata.
En categoría adulto individual, Álex Camba foi bronce representando á selección galega. Camba tamén levou medalla na participación como trío junior do combinado galego, xunto a Carlos Rey e José Roca, que foron merecedores da prata nesta categoría.
Ademais, competiron en Esposende Alex Taboada, Manuel Antonio Puente, Marcos Salgado, Eva López, Nerea Fernández, Karla Novo, Raúl Vázquez e Ana López, aínda que non subiron ao podio, como foi o caso tamén de Meritxell Varela, que competiu na difícil categoría de senior 1.
A experiencia de Esposende foi moi positiva, según explicou José MªVega, adestrador do Neka, moi satisfeito de que este clube acadara a medalla de prata en categoría infantil. Vega tamén amosouse satisfeito pola prata conseguida pola selección galega, da que é adestrador, na categoría de cinturóns negros. A nivel individual, a competición supuxo «un gran resultado», según precisou Vega, que destacou a experiencia que ofrece aos rapaces e rapazas para afrontar a competición. Ademais, o factor humano, sempre moi valorado no clube monfortino, tivo a súa recompensa na «agradable xornada» que disfrutou a expedición do Neka, formada neste caso por preto de 40 persoas, entre familiares e deportistas.
A vindeira cita será o 5 de marzo, no Campionato Galego de técnica adultos, na que está previsto que compitan media ducia de deportistas do Neka.•