Monforte será a sede do Campionato Galego de Voleibol cadete feminino

Presentación do Campionato Galego de Voleibol cadete feminino, coa participación do alcalde de Monforte, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Antonio Luna; e o adestrador do CV Ribeira Sacra, Manolo Martínez. GPCM.
Presentación do Campionato Galego de Voleibol cadete feminino, coa participación do alcalde de Monforte, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Antonio Luna; e o adestrador do CV Ribeira Sacra, Manolo Martínez. GPCM.

• O sábado 14 de maio, o pavillón polideportivo municipal de A Pinguela en Monforte acollerá o Campionato Galego de Voleibol na categoría cadete feminino.

O CV Ribeira Sacra, anfitrión da proba autonómica, iniciará o calendario da competición, enfrontándose ao Jealsa Boiro Voleibol ás 10,00 horas. A segunda semifinal disputarase ás 12 horas, entre o Mocavi Xuvenil Teis e o CV Liceo. O equipo gañador sairá da final que se xogará pola tarde, e a entrega dos trofeos está prevista para as 21 horas.

LUNA, PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA:»CO CV RIBEIRA SACRA, MONFORTE VOLVE SER UNHA PRAZA FORTE DO VOLEIBOL GALEGO»

Na presentación do Campionato Galego de Voleibol cadete feminino, o alcalde de Monforte, José Tomé, felicitou ao CV Ribeira Sacra por ter acadado a clasificación para esta proba, «o que deixa claro o seu nivel deportivo, demostrado en todas as competicións nas que participan». Así mesmo, Tomé agradeceu á organización da proba autonómica por contar con Monforte, xa que «vai contribuír a xerar un ambiente deportivo importante» na cidade.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Antonio Luna, lembrou que «Monforte é un núcleo histórico do volei en Galicia», xa que ao longo de moitos anos tivo equipos de élite, e da súa base saíron grandes xogadoras a nivel nacional. Luna manifestou a súa satisfacción porque «Monforte volva ser unha praza forte do voleibol galego».

O adestrador do CV Ribeira Sacra, Manolo Martínez, destacou que o Campionato Galego «será moi igualado, xa que hai moi bos equipos». Martínez suliñou que a cita de Monforte vai reunir «un moi bo nivel de voleibol, xa que a selección galega foi terceira no Campionato de España».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón repite un ano máis como capital do golf feminino mundial

Seguinte Nova

Presentada a nova campaña promocional “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss