“Artesanía en curso” levará obradoiros, cursos e demostracións artesanais a todas as comarcas lucenses

•A Área de Cultura da Deputación financia este programa con 35.000 euros •As actividades poden ser solicitadas por asociacións ou Concellos

O deputado responsable da Área de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, e Esther López, responsable técnica do programa, na presentación de “Artesanía en curso”. GPVDL
O deputado responsable da Área de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, e Esther López, responsable técnica do programa, na presentación de “Artesanía en curso”. GPVDL

• A Área de Cultura da Deputación de Lugo puxo en marcha a comezos deste mes unha nova programación de actividades por toda a provincia. Trátase do programa “Artesanía en curso”, que ten como obxectivo levar a artesanía a todas as comarcas lucenses.
Según explicou o deputado responsable da Área de Cultura, o nacionalista Xosé Ferreiro, este programa destaca pola “democratización e transparencia que supón”, xa que “son actividades abertas ao público en xeral, que poden solicitar asociacións e Concellos”. Ferreiro suliñou que este programa “segue a liña de traballo que mantemos na Área de Cultura, realizando unha programación cultural de abaixo cara arriba, sendo as propias asociacións e Concellos quen deseñan as accións a levar a cabo”.

OBRADOIROS E DEMOSTRACIÓNS
Según explicou a responsable técnica desta iniciativa, Esther López, o programa “Artesanía en curso” inclúe diversas tipoloxías de cursos e obradoiros: monicreques, coiro, tear alto lizo, macramé, xoiería en arxila polimérica, cestería, cestería de reciclaxe, ‘scrapbooking’, tapizaría, carpintaría, talla, ebanistería, traxe tradicional, encadernación, confección e patronaxe, olaría, tear, ou fotografía, entre outros. Ademais, o programa integra a posibilidade de realizar demostracións nas especialidades de coiro, olaría, cestería, cantaría, forxa, e talla de madeira, entre outras.
O programa “Artesanía en curso” desenvólvese a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), e conta cun financiamento total de 35.000 euros, aportados pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

DISTINTOS PRAZOS DE SOLICITUDE
As solicitudes poden realizarse dende o día 2 de xuño, data de publicación das bases do programa no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de solicitude para os cursos e obradoiros é de 20 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación das bases no BOP.
En canto ás demostracións, poderán inserirse en feiras e outro tipo de eventos, e poderán solicitarse durante o período comprendido entre o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e o 30 de novembro do 2016.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A UAD PUBLICA O BOLETÍN PARA PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS NA XUVENTUDE

Seguinte Nova

Monforte lembra a figura de Banet Fontenla, un dos fundadores da Real Academia Galega e membro das Irmandades da Fala

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss