A Xunta presentou en Chantada unha guía para a prevención de riscos laborais na vendima

• O manual é sinxelo e visual, identificando tarefas e maquinaria para detectar mellor os riscos e evitalos

A presentación da guía de prevención de riscos laborais na vendima tivo lugar na adega Vía Romana, de Chantada, o 14 de setembro. GPXG.
A presentación da guía de prevención de riscos laborais na vendima tivo lugar na adega Vía Romana, de Chantada, o 14 de setembro. GPXG.
• A Xunta de Galicia vén de editar, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde no Traballo, un manual para a prevención de riscos laborais no sector vitivinícola. Esta nova publicación foi presentada na adega chantadina Vía Romana pola secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, o 14 de setembro. A elaboración desta guía contou coa colaboración de diversas adegas de todas as Denominacións de Orixe de Galicia.
ESPECIAIS RISCOS NA VITICULTURA HEROICA
A secretaria xeral de Emprego explicou que o manual recolle situacións reais que se dan con máis frecuencia. Covadonga Toca precisou que o documento inclúe particularidades do traballo na denominada “viticultura heroica” que se desenvolve na Ribeira Sacra, con socalcos dispostos en terrazas e uso de maquinaria específica, como elevadores de caixas de uvas.
A responsable de Emprego destacou que a guía pretende concienciar dos riscos máis frecuentes, como caídas a distinto nivel, envorcos do tractor, cortes con ferramentas ou inadecuada utilización dos elevadores. Ademais, contempla situacións de risco derivadas do calor, trastornos posturais ou picaduras de insectos, insistindo na aplicación dos primeiros auxilios.
No documento tamén se trata a seguridade nos lugares de traballo, o uso seguro de substancias e misturas, e a manipulación manual de cargas, tanto na vendima como no resto da tempada. Covadonga Toca destacou que a guía abórdase dende o punto de vista da perspectiva de xénero, dada a importancia da muller no sector vitivinícola.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exposición de Rubén Carral no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Arranca o obradoiro social de emprego xuvenil Communitteando da Deputación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: