Sarria, sede das competicións galegas de babybasket e minibasket

• A vila xacobea acolleu a concentración lucense de babybasket, dentro das sete probas desenvolvidas en Galicia

Foto de familia dos xogadores participantes na Liga Escolar Aviporto-Covissa, celebrada en Sarria a finais do mes pasado. CBS.
Foto de familia dos xogadores participantes na Liga Escolar Aviporto-Covissa, celebrada en Sarria a finais do mes pasado. CBS.
• O CB Sarria continúa coa súa intensa actividade para promover a prática do baloncesto entre os máis novos.
BABYBASKET
A finais de xaneiro, o pavillón Novo Chanto da vila xacobea acolleu a segunda xornada da Liga Escolar Aviporto-Covissa. Por unha banda, 23 nenos e nenas participaron na xornada de babybasket promovida pola Federación Galega de Baloncesto, que xunto con Sarria, sumou á festa do baloncesto máis xove a outras seis vilas de Galicia.
LIGA XOGADE
Por outra banda, 37 rapaces e rapazas tomaron parte ese día na competición da Liga Xogade. Estes deportistas proceden das escolas que o CB Sarria desenvolve nos centros educativos Frei Luis de Granada, La Asunción e La Merced, de Sarria, e tamén nos de San Miguel de Paradela e no Rosalía de Castro de Bóveda.
Nos dous programas deportivos, que non tiveron carácter competitivo, primaron o disfrute do deporte e a posta en prática dos valores de compañeirismo e traballo en equipo entre os máis novos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A xogadora Carmen Suárez, do CB Val de Lemos, de novo na Preselección Galega

Seguinte Nova

A IX Carreira Popular de Monforte será o 23 de abril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss