• Este acordo garante que polo menos o 70% do orzamento se adique a investimentos, benestar e emprego
• O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade, na sesión do 28 de marzo, as bases do Plan Único presentado polo Goberno provincial, que garante un investimento de 20 millóns de euros nos 67 concellos da provincia. As bases establecen que cada municipio deberá destinar canto menos o 70% da achega a investimentos, emprego e benestar, o que supón reservar a estas tres liñas de actuación un mínimo de 14,5 millóns de euros. As bases aprobadas no Pleno provincial tratan de garantir estes investimentos, aínda que as cantidades poden aumentarse segundo as necesidades demandadas polos veciños, posto que os Concellos contan con autonomía para decidir sobre as partidas orzamentarias.
Segundo explicaron os resposnables provinciais, o reparto dos fondos do Plan Único seguiu os criterios que marca a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que teñen en conta a superficie, poboación, entidades de poboación e índice de envellecemento. Ademais, as bases fixaron un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por municipio, co fin de favorecer ao rural.

DESTINO DAS ACHEGAS POR CONCELLO
Dende o Goberno provincial precisaron que o ano pasado xa se distribuiran con estes mesmos criterios máis de 10 millóns de euros, «co fin de avanzar na cooperación cos 67 Concellos». Como novidade, este ano auméntase a contía ata os 20 millóns nos fondos de todas as programacións específicas que xa existían nos orzamentos provinciais, e que agora están integrados no Plan Único.
Por outra banda, as bases do Plan Único determinan que os concellos deben destinar como mínimo o 50% da súa achega a novos investimentos. Ademais, os concellos están obligados a investir no Plan de Obras e Servizos (P.O.S), Servizo de Axuda no Fogar (S.A.F.) e DepuEmprego cando menos a mesma cantidade que recibiron o ano pasado por cada un destes conceptos.
Para que se fagan máis investimentos a través do Plan Único, o Goberno provincial estableceu que os concellos que recibiron o ano pasado axudas para actividades culturais, deportivas, festas ou feiras, reciban a mesma cantidade en 2017. No caso de non ter recibido axudas deste tipo, poderán solicitalas cun máximo de 8.000 euros para actividades culturais e deportivas, e de 6.000 euros para feiras, mercados, e festas de exaltación de produtos. Por decisión do presidente da Deputación, e tras falar cos alcaldes, decidiuse non financiar touradas ou circos, nin eventos que fagan uso sexista ou con connotacións pexorativas da identidade sexual ou de xénero.
O presidente tamén anunciou que a Deputación ofrecerá un anticipo do 80% das achegas aos concellos, adiantando 16 millóns de euros.•