Presentan en Monforte o programa de Bonos Activa Comercio da Xunta para dinamizar as vendas

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado pola voceira do PP no Concello, Katy Varela, animou aos comerciantes de Monforte a sumarse ao programa Bonos Desconto. GPXG

• Redacción – MONFORTE. A nova campaña da Xunta para impulsar as vendas no comercio de proximidade chegou a Monforte.

DESCONTOS DE 30 EUROS NOS COMERCIOS QUE SE SUMEN AO PROGRAMA
O delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, visitou este mes varios establecementos da cidade do Cabe para trasladar aos comerciantes as vantaxes do programa Bonos Activa Comercio. A Xunta financia estes bonos con rebaixas de 30 euros para que os clientes os gasten nos negocios adheridos.
Arias explicou en Monforte que o proceso para darse de alta no programa «é rápido e sinxelo». Ademais, unha vez formalizada a adhesión, os comerciantes recibirán un distintivo «para que o coloquen nun lugar visible das tendas», de xeito que poidan ser identificados polos consumidores.
A alta dos establecementos pode realizarse no portal bonosactivacomercio.gal ata o 15 de maio. Ademais, dende o 3 de maio os particulares que queiran beneficiarse destes bonos poden solicitalos a través da aplicación móbil deste portal, e informarse dos descontos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A empresa chantadina Vinigalicia, patrocinadora do Xacobeo 21-22

Seguinte Nova

A CAMPAÑA DO DÍA DA NAI EN ACES-SARRIA SORTEA «UN DÍA PARA TI!»

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss