O polígono industrial de Chantada, entre os oito da provincia con novas axudas concedidas

•A achega da Xunta servirá para ampliar a estación depuradora de Os Acivros

As achegas autonómicas contribúen á mellora dos servizos nas superficies industriais. Na imaxe, o polígono industrial de Os Acivros, en Chantada. Arquivo EC

A mediados de xullo, a Xunta aprobou case 700.000 euros en axudas para promover obras de mellora en oito parques industriais da provincia de Lugo. Segundo precisou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, estas achegas van destinadas aos concellos para a modernización das infraestruturas nas superficies industriais. Arias salientou que as subvencións autonómicas implicarán mobilizar nos proxectos un total de 1,1 millóns de euros.
120.000 EUROS PARA O PARQUE INDUSTRIAL DE CHANTADA
Entre os concellos beneficiados con estas axudas está Chantada, que recibirá da Xunta 120.000 euros para ampliar a estación depuradora de augas residuais do polígono Os Acivros.
Segundo os responsables autonómicos, as subvencións, concedidas pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, buscan favorecer unha actualización permanente dos parques industriais de Galicia. As axudas permiten dar resposta ás necesidades de infraestruturas, comunicacións e servizos demandados pola actividade industrial. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ata o 16 de agosto poden solicitarse as axudas do programa Emega para mulleres emprendedoras

Seguinte Nova

200.000 euros provinciais para apoiar a actividade cultural das asociacións lucenses

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss