Ata o 16 de agosto poden solicitarse as axudas do programa Emega para mulleres emprendedoras

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na visita a unha das emprendedoras beneficiada polo programa Emega . GPXG

As mulleres emprendedoras poderán solicitar as axudas do programa Emega ata o 16 de agosto. A edición deste ano está dotada con 3,2 millóns de euros, un 54% máis que o ano pasado, co fin de reforzar o emprendemento feminino.
Dende a Consellería de Emprego e Igualdade explicaron que as axudas constan de catro líneas. A liña Emprende vai dirixida á creación de novas empresas por parte de mulleres desempregadas, mentres que a liña Activa pretende reactivar ou consolidar proxectos empresariais. Así mesmo, baixo o epígrafe ITEF están as achegas para novas iniciativas de corte innovador nos eidos da tecnoloxía e da investigación. Por último, a liña Concilia que complementa ás tres anteriores, trata de favorecer a conciliación das promotoras dos negocios e tamén das persoas traballadoras ao seu cargo. As axudas por beneficiaria oscilarán entre os 8.000 e os 42.000 euros, segundo a liña e o número de postos de traballo ocupados por mulleres.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Destacados da axenda na zona sur

Seguinte Nova

O polígono industrial de Chantada, entre os oito da provincia con novas axudas concedidas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss