A DEPUTACIÓN IMPULSA O ASOCIACIONISMO DAS EMPRESAS TURÍSTICAS DA RIBEIRA SACRA

A voceira socialista do Goberno, Pilar García, na presentación do convenio de colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. GPDL.

• R. – MONFORTE. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un convenio de colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) por 20.000€ co obxectivo de contribuír ao fomento do asociacionismo no sector turístico e gastronómico, e para o mantemento da sede que o colectivo ten na Ribeira Sacra.

COLABORACIÓN COS SECTORES PRODUTIVOS ESTRATÉXICOS
Pilar García Porto, voceira socialista do Goberno, enmarcou este acordo “na nosa relación de diálogo e de colaboración permanente cos sectores produtivos, nomeadamente con estratéxicos, como é o de servizos, que constitúe unha fonte de riqueza e de emprego moi importante na nosa provincia”, explicou.

A RIBEIRA SACRA, UN TERRIORIO EN AUXE CON GRAN POTENCIAL TURÍSTICO
García Porto indicou que “a Ribeira Sacra é un territorio en auxe e cun gran potencial turístico debido ao seu altísimo valor medioambiental e cultural. A UNESCO acaba de declarar a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel como Reserva da Biosfera, un recoñecemento que supón unha gran noticia para esta comarca e para o conxunto da provincia de Lugo polas oportunidades que abre para impulsar a conservación do medio ambiente e o desenvolvemento social e económico do territorio”.

FOMENTO DO ASOCIACIONISMO ENTRE EMPRESAS
Con esta contía a APEHL pretende crear unha estrutura de funcionamento que permita mellorar e ampliar a oferta turística desta zona. “O obxectivo é lanzar unha campaña de fomento do asociacionismo entre empresas que prestan servizos turísticos na Ribeira Sacra e, deste xeito, seguir traballando nesta liña de aproveitar os inmensos recursos da zona para dinamizar o tecido produtivo e, polo tanto, a economía”, concretou a Deputada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UN CENTENAR DE GALEGOS DO EXTERIOR PARTICIPAN NO PROGRAMA “CONECTA CO XACOBEO”

Seguinte Nova

A XUNTA CELEBROU EN TABOADA E CHANTADA UNHA CATA DE INICIACIÓN DE VIÑOS DA RIBEIRA SACRA

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: