O Concello de Monforte adquire unha parcela no Polígono Industrial do Reboredo

•Outras tres parcelas foron vendidas polo SEA, a unha enxeñaría, unha compañía metalúrxica e a unha firma de construción

Imaxe do alcalde de Monforte José Tomé, e a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico na sinatura da compraventa da parcela do Reboredo . GPCM

• Redacción- MONFORTE. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Xerente da entidade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo Doce, asinaron a adquisición, por parte do Concello, dunha parcela no Polígono industrial de O Reboredo, “para seguir cubrindo as necesidades de desenvolvemento deste polígono”, destacou o Alcalde
Pero máis aló desta adquisición municipal, o realmente significativo e digno de valorar na súa xusta medida, é a noticia adicional que ofreceron tanto o alcalde como a xerente de SEA, o feito de aproveitar a súa visita a Monforte para escriturar a venda doutras tres parcelas do polígono. En total as novas vendas teñen unha extensión de 27.173 m2, só unha dás superficies vendidas ascende a máis de 14.000 m2, sendo o montante total da venta das parcelas de 529.873 euros máis IVE. Foron adquiridas por unha enxeñaría, unha compañía metalúrxica e unha firma constructora.
Estas ventas súmanse ás pechadas nos últimos meses, o que pon de manifesto un claro cambio na evolución dun polígono que durante moitos anos languideceu da man de SIGALSA e que nestes últimos anos parece ser unha opción real para o desenvolvemento empresarial da comarca. A día de hoxe, só queden dispoñibles catro parcelas.
O Concello xa plantexou fai unhas semanas á SEPE e a Suelo Empresarial del Atlántico a necesidade da ampliación do Polígono para cubrir a crecente demanda actual. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL LUÍS NIEVES CONVOCA BOLSAS PARA AXUDAR A QUE MOZOS E MOZAS (ATA 30 ANOS) CON MENOR PODER ADQUISITIVO POIDAN ACCEDER A ESTUDOS MUSICAIS DE CALIDADE

Seguinte Nova

Nova maquinaria para a recollida de residuos cunha inversión de 635.000 euros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss