O Goberno de España responde ao BNG sobre os procesos catastrais en Chantada

• Contestou que non foi o concello quen promoveu a Revisión Catastral, senón que foi a Dirección Xeral de Catastro quen levou a cabo, de oficio, esta nova “subsanación de discrepancias”, que afecta a 4617 parcelas, a meirande parte delas no ámbito rural

EnComún facíase eco no mes de febreiro do masivo envío de cartas relativo a un novo proceso catastral en marcha que afectaba principalmente a parcelas do ámbito rural. Tal foi a alarma xerada, que mesmo o BNG, por medio de Néstor Rego Candamil, presentaba no Congreso do Deputados unha pregunta dirixida ao Goberno, interesándose polos procesos catastrais que se están desenvolvendo no Concello de Chantada. Por aquel entón, o concello negaba promover este proceso, e á vista da resposta do goberno, tiña razón. Foi a Dirección Xeral de Catastro quen promoveu de oficio esta nova “subsanación de discrepancias”, que afecta a 4617 parcelas, a meirande parte delas no ámbito rural. Porén, se ben é certo que o concello de Chantada non promoveu esta revisión, si puido tela evitado, considera o BNG, coa redacción dun PXOM. A carencia desta figura urbanística, impediu a “realización inescusable dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral”, que é o que se coñece como Ponencia de Valores, que leva sen actualizarse en Chantada desde o ano 1989.

REDACCIÓN DUN PXOM
Ante esta situación o BNG de Chantada vén de por rexistro unha petición para que o goberno municipal promova a redacción e aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal para “acabar dunha vez por todas” coas continuas “revisións” que utilizan para elevar os valores e imputar aos suxeitos pasivos os erros históricos dun organismo que nunca tivo en conta nin as peculiaridades dos núcleos galegos, nin as deficiencias, nin o dereito consuetudinario galego, o que leva sempre a pagar e, lonxe de subsanar a situación, emprega medidas coercitivas que obrigan ao pagamento ao titular catastral sexa cal for a realidade.
O responsable Local do BNG Manuel Moure, cre que “unha vez analizada a resposta do goberno de España, que sinala o desenvolvemento dun PXOM como vía para a solución dos continuos procesos que levan afectado ao concello nos últimos anos, parece razoable que o goberno municipal, cunha maioría absoluta, poda sacar perfectamente adiante un PXOM que pare a sangría económica que sofren os titulares catastrais no municipio, máis se cadra non actual contexto socioeconómico”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP pide ao Concello que active o alumeado público da entrada ao polígono do Reboredo

Seguinte Nova

O Saviñao recibiu preto de 424.000€ en axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: