O Concello de Monforte sumouse ós actos de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

• Para conmemorar este día, como en pasadas edicións, procedeuse a colocar no balcón da Casa Consistorial a bandeira arco iris, símbolo da comunidade LGTBI

Cando nos últimos días chegábannos os ecos das polémicas na capital de España pola negativa do Concello e a comunidade de Madrid de non colgar nos seus balcóns a bandeira arco da vella con ocasión do día internacional do orgullo LGTBI, o Concello de Monforte, pola contra, vén de aprobar de forma unánime unha declaración institucional que amosa o seu apoio e compromiso na loita da comunidade LGTBI, na defensa nítida do dereito á plena igualdade, á dignidade e ao libre desenvolvemento da identidade sexual e/o de xénero. e manifesta o compromiso de continuar na promoción de actitudes e políticas que favorezan a concienciación social para un efectivo cambio de mentalidade que erradique as actitudes LGTBIfóbicas e o rexeitamento ás mesmas. Esta declaración foi leida polo Alcalde José Tomé Roca no pleno. En nome de todos os veciños e veciñas de Monforte manifestou “o noso apoio institucional e social a esta celebración do Día do Orgullo LGTBI, co obxectivo de facer visible á nosa sociedade a diversidade sexual, á vez que promovemos a igualdade, liberdade e o respecto de todas as persoas”.
E por suposto, colgou a bandeira arco iris no seu balcón .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte presidirá en 2023 a Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad

Seguinte Nova

Servizo gratuíto de autobús entre Escairón coa Praia da Cova

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss