O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou o pasado martes a unidade móbil do programa Coidados porta a porta situada no concello de Quiroga. Este servizo achega aos maiores de 55 anos atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria e desde a súa posta en marcha no mes de marzo leva atendidas a máis de 20.000 persoas. Durante a súa visita, o director xeral estivo acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e do alcalde desta localidade, Julio Álvarez. A provincia de Lugo é a terceira que máis persoas leva atendidas neste tempo: máis de 4600. Por medio de oito autobuses que percorrerán todos os concellos galegos agás as sete cidades, a Consellería de Política Social e Xuventude facilita coidados médicos e de saúde en xeral preto dos fogares das persoas maiores, evitándolles desprazamentos fóra da súa contorna e posibilitando que poidan seguir vivindo alí onde prefiran. Para ser atendido en calquera dos autobuses de Coidados porta a porta, que continuarán percorrendo o territorio galego, cómpre solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. •
Últimas noticias sobre SAÚDE
El evento, moderado por Inmaculada Ramos, contará con la participación de los expresidentes de la SEMG
Desde o pasado mes de setembro, a Xunta de Galicia ampliou o calendario de vacinación para
A nova campaña de vacinación impulsada pola Xunta de Galicia, en marcha desde o 23 de
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia anunciou a licitación da obra para a implantación
O Hospital de Monforte continúa beneficiándose do sistema de resonancias magnéticas móbiles do Servizo Galego de