Convocado o concurso de deseño do cartel anunciador da xliii Feira do Viño de Amandi

Inauguración da Feira do viño de Amandi do pasado ano. Foto Arquivo.

Que o tempo pasa moi rápido é unha sensación que se vai acrecentando cos anos, e aínda que que parece incrible, a tempada de feiras de viño na Ribeira Sacra xa se asoma, coa convocatoria do concurso para o deseño do cartel anunciador da Feira do Viño de Amandi 2023, que chegará ao seu XLIII edición e que se celebrará o venres 31 de marzo e o 1 e 2 de abril coincidindo co sábado e domingo de Ramos. Ao concurso poderá concorrer toda a poboación, con traballos en formato A3 e técnica libre. Deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora. Quedan exentas, tal e como se ten acordado, aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.
Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no noso patrimonio e cultura.
Os traballos presentados quedarán en poder do Concello de Sober. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XLIII Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man e outro material promocional. Os restantes carteis presentados poderán ser expostos se o Concello así o considera.
Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. A entrega de orixinais farase na Casa do Concello ata o día 5 de febreiro de 2022. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.
O xurado emitirá o seu fallo 10 días despois do peche da convocatoria e o cartel darase a coñecer xunto coa programación do Mes do Amandi. Establécese un premio ao traballo gañador de 600 euros en metálico e unha peza de Gundivós personalizada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Sober aprobou un Orzamento de 3.138.243 euros para este ano 2023

Seguinte Nova

Pantón remata as obras de abastecemento de auga e as melloras en varias instalacións municipais

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss