O BNG de Monforte informa de que ten a intención de presentar no vindeiro pleno municipal unha moción coa que solicita a instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos no concello. O concelleiro nacionalista, Emilio José Sánchez, considera que este servizo é un compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente, que xa teñen asumido outros concellos. Agora tócalle cumprir ao de Monforte de Lemos.
Consideran dende o BNG, que a mobilidade eléctrica vai gañando terreo, pouco a pouco, na nosa sociedade, até o punto de que o goberno do Estado ten deseñado iniciativas que axudan a fomentala. A sinxeleza do vehículo eléctrico é un dos aspectos máis importantes para os condutores, xa que é eficiente para conducir, e de fácil recarga cun cargador de coche eléctrico na casa, ou mesmo nun espazo público, converténdose nunha alternativa sostible, que cada vez vai recortando terreo aos automóbiles tradicionais. Obvia dicir, ademais, que os vehículos eléctricos, a diferenza dos de combustión, non xeran emisións de gases contaminantes mentres funcionan, polo que son a mellor opción para respectar o medio ambiente sen restarlle un ápice á mobilidade.
A pesar das evidentes vantaxes, e ante o feito de que, en non moitos anos, os vehículos eléctricos serán os únicos que poidan desprazarse polas estradas, desde o grupo de goberno do Concello de Monforte, non ten saído ningunha iniciativa ao respecto. Así as cousas, no vindeiro pleno o concelleiro nacionalista, Emilio Sánchez, Instará ao goberno municipal a que impulse a creación de puntos de recarga para vehículos eléctricos.•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
A decisión da Xunta de Galicia de incrementar o canon de recollida de residuos en Sogama
Miguel Gallego foi elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo no congreso que a
O BNG éstá a participar nas protestas convocadas polas familias dos colexios da Ribeira Sacra apoiando
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acusa a Monforte de invadir territorio de Neiras e
O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria decidiu persoarse como acusación no procedemento penal aberto