Bóveda pon en marcha o seu Programa de Envellecemento Activo

O Concello de Bóveda vén de poñer en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o ano 2023 con actividades totalmente gratuítas de memoria e ximnasia en diferentes parroquias. Todas elas comezaron esta mesma semana. Os horarios son os seguintes:

  • Bóveda:
    Martes de 11:00 a 12:30 horas no Centro Sociocultural de Bóveda obradoiro de memoria.
  • Rubián: Mércores no local social de Rubián. De 17:15 a 18:45 horas obradoiro de memoria. De 19:00 a 20:00 horas ximnasia.
  • Raíña: Mércores no local social de Raíña. De 15:30 a 17:00 horas obradoiro de memoria. De 17:30 a 18:30 horas ximnasia.
  • Ribas Pequenas: Xoves no local social de Ribas Pequenas. De 15:30 a 17:00 obradoiro de memoria. De 17:30 a 18:30 horas ximnasia.
  • Guntín: Xoves no local social de Guntín. De 17:15 a 18:45 horas obradoiro de memoria. De 19:00 a 20:00 horas ximnasia.
    Todas as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 42 60 06.
    Os lugares elixidos son aqueles que contan cun mínimo de 10 persoas para levarse a cabo as actividades.
    Se nalgún outro lugar se forma un grupo con este número de persoas, poden poñerse en contacto co Concello para ver a posibilidade de estender as actividades a novos lugares e parroquias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Digitalent 2030, o plan para eliminar a fenda dixital

Seguinte Nova

Novo edificio para a Escola de Música municipal da Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss