Nova edición do Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Mantense a idea coa que se creou a asociación Semente Monforte, facendo reverter na cidadanía o premio da Lotaría do Neno do ano 2014. Chegados á IX edición, o Concurso segue consolidándose con novas colaboracións e maiores incentivos económicos para os emprendedores. Nesta IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios: 1º premio – 10.000 €,
2º premio – 6.000 € e 3º premio – 4.000 €.
Ata o 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 20 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2023, o proxecto rematado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Polo Lugo Sur asesora 26 proxectos emprendedores

Seguinte Nova

O PP de Chantada mantén na súa candidatura ao núcleo do actual goberno

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss