O PP de Chantada mantén na súa candidatura ao núcleo do actual goberno

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez e o resto de compoñentes da lista do PP ás muncipais en Chantada. Foto GPPP.

O PP concorre ás eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28 cunha lista que conserva practicamente sen cambios o núcleo doactual goberno, porque nos sete primeiras prazas so cambia a sétima, que agora ocupa Belén Vázquez Caseiro. O candidato a repetir na alcaldía, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, indica que a candidatura popular mestura a experiencia que representan os que xa formaron parte do goberno local coa frescura das novas incorporacións, mozos e mozas dispostos a traballar arreo por Chantada. Na presentación da candidatura participou, entre outros, José Manuel Barreiro (senador). É unha lista, segundo sinala Manuel Lorenzo Varela, amplamente representativa tanto da vila como das parroquias, deseñada para avanzar no desenvolvemento do proxecto popular para este concello.
O candidato a repetir na alcaldía di que un dos obxectivos para o próximo mandato é a ampliación do solo industrial, para o que xa está en elaboración un estudo. O alcaldable destaca que lle gustaría que o novo solo industrial estivera nas inmediacións da N-540, para que servira como escaparate da industria chantadina. Do mandato que termina, Manuel Lorenzo Varela di que foi moi importante en canto a investimentos, conseguidos unha gran parte deles da Xunta de Galicia. Destaca que mentres a Administración autonómica demostrou amplamente o seu compromiso con Chantada, a Deputación mantivo en estado lamentable as súas estradas ao seu paso polo concello de Chantada. Aludiu tamén as obras da biblioteca, que logo entrarán na segunda fase, e a compra dun edificio para rehabilitalo como ampliación dos espazos administrativos do Concello. Igualmente, os membros da lista popular traballarán para conseguir unha nova zona deportiva, con campo de fútbol e pistas de atletismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova edición do Semente Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Vocacións tecnolóxicas e talento dixital nos institutos monfortinos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss