Continúan as críticas do PP pola a “falta de transparencia” do alcalde de Sarria sobre o matadoiro municipal

O Grupo Municipal Popular de Sarria condena a suposta falta de transparencia do alcalde en relación á situación do matadoiro municipal e sinala que, a pesar das súas afirmacións, “aínda non nos foron proporcionados os datos que solicitamos”. Polo tanto, o Grupo Popular ameaza con solicitar a execución do acto administrativo, pois, unha vez que pasou o prazo para a resposta, considérase a solicitude aceptada por silencio positivo.
A voceira, Carmen José López, explica que “estamos á espera do que acontecerá na reunión da Comisión de Investigación sobre o burato nas contas do matadoiro municipal que se celebrará este luns, sen que nos foron proporcionados os documentos que solicitamos en relación aos exercicios 2019, 2020, 2021 e 2022”. Estes documentos inclúen gastos e ingresos, listado de albaráns e facturas, número de sacrificios por especie de vacún, porcino, ovino e caprino, así como os detalles dos importes ingresados nas arcas municipais, incluíndo a data do servizo.
Os populares consideran “lamentable” a representación do alcalde no pleno relacionado co matadoiro, onde usou tacos de documentación da que non se coñece o contido. Neste sentido, insisten en que “queremos que o alcalde aclare os datos e explique se a falta de ingresos tamén se estende ao porcino e outras especies, algo que el negou en anteriores ocasións, sen aclarar con cifras”.
A voceira engade que, “até o momento, a actuación do alcalde non contribuíu á claridade da situación”. Recorda que, “no pleno monográfico do matadoiro, nin sequera permitiu a intervención da concelleira responsable”. Ademais, “negou a palabra cando ela intentou falar”.
Por outra parte, “comprometeuse co resto de grupos a tratar o informe de tesourería no último pleno, pero non o incluíu na orde do día”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Jacobo Senín gaña a Subida a Taboada

Seguinte Nova

O PP de Monforte denuncia os problemas de saneamento e abastecemento na cidade

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss