Iberdrola e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra amosarán as entrañas da presa de Santo Estevo

Poderanse visitar ás instalacións das Centrais Hidroeléctricas Santo Estevo, Santo Estevo II (caverna) e á presa. Foto Iberdrola.

Un acordo entre Iberdrola, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Concello de Nogueira de Ramuín abre as portas da Central Hidroeléctrica de Santo Estevo aos visitantes. Este convenio, asinado co obxectivo de compartir o legado desta impresionante obra de enxeñaría co público, establece un programa de visitas guiadas que está a ser presentado hoxe venres 10 de novembro ás 11 horas, directamente nas instalacións da Central Hidroeléctrica de Santo Estevo.
A inauguración do programa marca o inicio dunha nova etapa para que os interesados poidan explorar as entrañas desta central, un verdadeiro emblema da enxeñaría galega. A presentación incluirá unha visita guiada ás instalacións das Centrais Hidroeléctricas Santo Estevo e Santo Estevo II (caverna), así como á propia presa. A partir dese mesmo día, o público poderá reservar as súas visitas a través da plataforma de reservas que quedará dispoñible. O programa promete ofrecer unha ollada exclusiva á historia e funcionamento desta central hidroeléctrica, que hoxe en día é a máis importante de Galicia.
Para participar nas visitas guiadas, é necesario confirmar a asistencia antes das 16:00 horas do xoves 9 de novembro. Pódese facer enviando un correo a turismo@ribeirasacra.org ou chamando ao teléfono 638 823 592. Ademais, para comodidade dos asistentes, haberá un microbús que sairá da Praza de Luíntra ás 10:30 horas para levar ás persoas que previamente confirmaron a súa asistencia. Este acordo de colaboración non só abre as portas da central hidroeléctrica ao público, senón que tamén pon de relevo a importancia do patrimonio enxeñeiro galego, sinalando a presa de Santo Estevo como un referente na historia da enerxía en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo impulsa a modernización dixital dos concellos

Seguinte Nova

Fairway: unha oportunidade para debater e avanzar na xestión sustentable da ruta xacobea

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss