A Deputación de Lugo impulsa a modernización dixital dos concellos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, no centro, cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos da provincia que se sumaron ao proxecto Impulsa TIC. Foto GPDL.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un convenio de colaboración cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos da provincia que decidiron sumarse ao Impulsa TIC, un novo proxecto a través do que a institución provincial lles proporcionará de forma gratuíta ferramentas tecnolóxicas ás entidades locais para avanzar na súa modernización e transformación dixital, e, mellorar, desta forma o servizo público que ofrecen aos seus veciños e veciñas.

FONDOS EUROPEOS
Para financiar o Impulsa TIC, a Deputación de Lugo conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros, unha cantidade substancial obtida do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado polo Goberno central. Estes fondos, procedentes da Unión Europea, teñen como finalidade facer fronte aos efectos da pandemia e modernizar a economía do país. A súa asignación á modernización dixital dos concellos da provincia de Lugo é un paso crucial para acadar este obxectivo. A sinatura do convenio de colaboración contou coa presen- za dos alcaldes e alcaldesas dos concellos que decidiron unirse ao Impulsa TIC, así como do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. O Presidente José Tomé Roca destacou o feito de que a Deputación de Lugo lidera a lista das institucións provinciais de toda España que recibiron máis fondos desta liña de axudas convocada polo Ministerio de Política Territorial. Xunto coas provincias de Barcelona, Valencia e Sevilla, Lugo sitúase como un exemplo de eficacia na obtención de recursos europeos para a modernización dixital.

COMPROMISO COA MODERNIZACIÓN DOS CONCELLOS
José Tomé Roca subliñou que este proxecto é un testemuño do compromiso da Deputación de Lugo coa modernización e cooperación cos concellos da provincia. A través do Impulsa TIC, as administracións locais poderán gañar en «cercanía, axilidade e transparencia» nos servizos que prestan á veciñanza. Para elo, a Deputación dotaraos de equipamentos adaptados ás súas nece sidades específicas e seguindo unha distribución con criterio obxectivos. O Presidente citou exemplos concretos, como a axilización de trá mites á cidadanía, a instalación de sistemas para a gravación dos plenos municipais e a mellora da accesibilidade das páxinas webs dos concellos.

AUTONOMÍA MUNICIPAL
Un aspecto destacable deste proxecto é que a Deputación respecta a autonomía municipal, tendo en conta as necesidades e prioridades específicas de cada concello. De feito, as entidades locais manifestaron as súas situacións particulares en materia dixital, o seu punto de partida e as súas prioridades, permitindo así á Deputación proporcionarlles os recursos axeitados. Isto garantirá unha xestión eficaz e transparente dos fondos europeos recibidos.
Os concellos da provincia adheridos a este novo proxecto de cooperación impulsado pola Deputación son os seguintes: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outrol, Pantón, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove.

17 MILLÓNS DE EUROS
O Presidente da Deputación enfatizou que coa inxección de 4,5 millóns de euros para a modernización dixital dos concellos, a Deputación de Lugo logra un total de 17 millóns de euros de fondos da Unión Europea desde que asumiu a Presidencia da institución en 2019. Estes fondos foron utilizados para diversas iniciativas, incluíndo o aforro no alumeado público, o fomento do emprego entre a mocidade e os parados de longa duración, a dixitalización das pequenas e medianas empresas e proxectos que aproveiten a riqueza medioambiental da provincia.
A institución provincial, destacou José Tomé, continúa traballando para acadar fondos adicionais e promover o progreso social e económico da provincia. Logo de que os concellos manifestaran xa cal é a súa situación particular en materia dixital, cal é o seu punto de partida e as súas prioridades, a Deputación proporcionaralles os recursos máis axeitados a esas necesidades específicas, que distribuirá dun xeito moi semellante a como fai co Plan Único de Cooperación, é dicir, en base a criterios obxectivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro

Seguinte Nova

Iberdrola e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra amosarán as entrañas da presa de Santo Estevo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss