A Xunta vén de resolver as solicitudes presentadas por 17 concellos para optar aos fondos destinados ás áreas de rehabilitación integral (ARI), con case 2,7 millóns de euros. Entre os concellos beneficiados, Monforte de Lemos disporá de axudas para rehabilitar edificios, vivendas e espazos públicos no conxunto histórico e zonas de respecto do seu término municipal. Así mesmo, a totalidade do Concello de Sober, incluíndo as parroquias, contará con fondos desta partida autonómica.
As axudas por vivenda oscilan entre os 30.000 e os 2.000 euros, dependendo do tipo de intervención que se realice. As accións subvencionables van dende melloras da eficiencia enerxética ou da accesibilidade, ou para a construción dunha nova vivenda para substituír a outra previamente demolida. Tamén se financian obras para mellorar a calidade e a sostibilidade do medio urbano. Así mesmo, subvenciónanse os gastos de realoxo para o tempo que duren as obras.
A estes case 2,7 millóns de euros hai que engadir os 1,73 millóns que se destinan especificamente ás ARI da Ribeira Sacra, dos Camiños de Santiago e das Illas Atlánticas, xestionados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse