Polémica polos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear no HULA

•O BNG denunciou a “traición do PP á cidadanía” por aprobar unha proposición de lei baseada na Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “emendada, desvirtuada e rebaixada de contido” •A ILP, avalada por máis de 42.000 sinaturas, pedía que o Hospital de Lugo contara cun servizo de Hemodinámica durante as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear, como hai nas demais provincias

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Arquivo EC.
Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Arquivo EC.

• A sesión do Pleno do Parlamento de Galicia celebrada o 16 de decembro levantou a polémica política en torno aos servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear que se están a demandar dende diversos frentes. Nesta sesión quedou aprobada, unicamente cos votos do Partido Popular, a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) avalada por 42.000 firmas, na que se solicitaba a posta en marcha destes servizos. Pero según os partidos da oposición, este texto foi aprobado pola maioría do Partido Popular logo de ser “emendada, desvirtuada e rebaixada de contido”. Así se pronunciou o deputado por Lugo do Bloque Nacionalista Galego, Cosme Pombo, que pediu a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, polo seu “desprezo e falta de respecto á cidadanía lucense”.

OS NACIONALISTAS RECLAMAN PARA LUGO “OS MESMOS SERVIZOS QUE TEN O RESTO DAS PROVINCIAS GALEGAS”
O deputado nacionalista criticou que a proposición de lei que se votou no Parlamento “non ten nada que ver coa Iniciativa Lexislativa Popular”, e salientou que “o PP burla a xusta demanda de 42.000 persoas, que reclamaban para Lugo os mesmos servizos sanitarios que o resto de galegos e galegas”.
O parlamentario nacionalista expresou a súa “rotunda oposición” ao que considerou “unha nova discriminación e trato inxusto na atención sanitaria de doentes coronarios e dos que precisan tratamentos contra o cancro na provincia de Lugo”. “Tras cinco anos”, explicou Cosme Pombo, o HULA non conta con servizos de Hemodinámica durante 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear, servizos básicos e vitais para unha poboación de máis de 350.000 persoas, envellecida, moi dispersa, nunha orografía complicada e con invernos ben duros”.

OS SOCIALISTAS CUALIFICARON DE “MENTIRA E BURLA DO PP” A “ALTERACIÓN” DA ILP
Pola súa banda, o Grupo Parlamentario Socialista criticou a “hipocresía do Goberno do PP e de Feijóo” por aceptar a Iniciativa Lexislativa Popular para levar Hemodinámica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear a Lugo para emendala no debate parlamentario e cambiar completamente o seu sentido”. A deputada socialista por Lugo, Concepción Burgo, criticou que “o presidente da Xunta, desmentindo o seu compromiso, condena aos lugueses e luguesas enfermos de cancro a facer rutas de ata 10 horas para recibir 15 minutos de radioterapia”. “Ao mesmo tempo”, explicou Burgo, “condenan aos lugueses a non sobrevivir a un infarto de miocardio que teña lugar mais tarde das tres da tarde, cando pecha o servizo”.

BESTEIRO ANUNCIOU “MEDIDAS CONTUNDENTES” PARA ESIXIR ESTES SERVIZOS NO HULA
Pola súa banda, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que levará unha moción ao vindeiro Pleno provincial e impulsará mocións tamén en todos os concellos da provincia. “Vamos a obrigar a todos os concelleiros, sexan do PSdeG, do BNG, independentes ou do PP a que se retraten diante dos seus veciños para saber se están a favor ou en contra destas reivindicacións”, subliñou, ao tempo que avanzou que en xaneiro “virán outro tipo de medidas de alto alcance porque non nos vamos quedar soamente na protesta e na discusión”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Asociación Europea de Ferroviarios celebrará en Augas Santas a súa asamblea xeral

Seguinte Nova

Xosé Lois Maceda informou ao Valedor do Pobo da situación do Centro de Saúde de Brollón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss