Definindo entre todos a paisaxe de Galicia

Estanse a organizar 11 talleres en cada unha das grandes áreas paisaxísticas de Galicia, para implicar a expertos, administracións e cidadanía na elaboración do documento final. CMATI
Estanse a organizar 11 talleres en cada unha das grandes áreas paisaxísticas de Galicia, para implicar a expertos, administracións e cidadanía na elaboración do documento final. CMATI

Ata finais de outubro, Medio Ambiente habilita un enlace web para que os cidadáns participen na confección do Catálogo de Paisaxes de Galicia

• A paisaxe é un ben de todos, e a súa conservación e definición tamén é tarefa da comunidade. Con esta idea, a Consellería de Medio Ambiente ten habilitada ata finais de outubro a plataforma web https://sixot.es/CatalogosPaisaxe, para que a cidadanía participe coa súa opinión na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Este portal, desenvolvido polo Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela dentro do sistema SIXOT (Sistema de Información para a Xestión e Ordenación do Territorio), permite aos usuarios, de xeito sinxelo e amigable, localizar aqueles puntos que consideren de maior interese paisaxístico.

COMO PARTICIPAR

Para facilitar o seu uso, a plataforma dispón dun vídeo demostrativo.

O portal está dividido en tres módulos: Lugares, Valores e Áreas Degradadas. En cada un deles, poderase buscar información e tamén introducila. En canto á busca de datos, esta web permite localizar unha área xeográfica, ofrecendo información sobre límites administrativos, datos poboacionais, infraestruturas de comunicación, elementos paisaxísticos ou mapas topográficos, entre outros aspectos.

Asimesmo, o usuario pode interactuar a través desta plataforma e incluír a información que considere de interese. No módulo correspondente a Lugares, pode debuxar un punto onde considere que hai un lugar de interese paisaxístico, escribindo tamén os motivos polos que se xustifica esta elección. Do mesmo xeito pode proceder no módulo Valores, e no reservado a Áreas Degradadas, pídeselle aos cidadáns que sinalen puntos naqueles lugares que amosen impactos ou deterioros que impliquen negativamente á paisaxe. Os usuarios poden sinalar cantos puntos consideren importantes, en cada un dos módulos.

O Catálogo, que formará parte do Atlas das Paisaxes de Galicia, identificará e caracterizará os valores e as potencialidades das 50 comarcas paisaxísticas do noso territorio cara a súa protección e xestión e no que tamén se integrarán as Directrices da Paisaxe, que exporán as pautas de intervención xeral en cada tipo de paisaxe identificadas e consensuadas durante o proceso de participación, así como os criterios de actuación nos lugares de especial valor ou degradados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 60.000 euros en axudas para as 18 Festas de Interese Turístico da provincia de Lugo

Seguinte Nova

Novos remolques de emerxencias para O Incio e Ribas de Sil

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: