A finais do mes pasado, unha vintena de persoas, entre alumnado e profesores, tomaron parte da sesión inaugural deste curso do Clube de Lectura do IES Xograr Afonso de Sarria. «O Xograr Lector», como se autodenomina este grupo de apasionados do libro, compartiron este trimestre a novela titulada «Los fantasmas del paraíso», do escritor Alfredo Gómez Cerdá, que trata temas moi vinculados á actualidade.
Para estimular o debate e a análise, a sesión contou coa presenza do redactor-xefe de El Progreso, o xornalista sarriao José Manuel Fernández Freire, que falou do mundo do xornalismo, vinculádoo coa temática da novela. A xornada completouse cunha degustación de produtos de outono.•