Elena Candia e Raquel Arias optarán a presidir o PP de Lugo no XVII Congreso Provincial

Foto de familia de Raquel Arias e o seu equipo de candidatura durante a presentación de avais o pasado 12 de febreiro. (Foto cedida).
Foto de familia de Raquel Arias e o seu equipo de candidatura durante a presentación de avais o pasado 12 de febreiro. (Foto cedida).
Reunión de Elena Candia con membros da súa candidatura, o pasado 20 de febreiro. (Foto cedida).
Reunión de Elena Candia con membros da súa candidatura, o pasado 20 de febreiro. (Foto cedida).

• O vindeiro 6 de marzo celebrarase en Lugo o Pleno do XVII Congreso Provincial Extraordinario do Partido Popular lucense, que elixirá á súa nova presidencia entre as dúas candidatas oficiais, Elena Candia e Raquel Arias. Unha vez rematada a campaña interna o 21 de febreiro, e establecida a relación final de compromisarios, queda esperar ao resultado definitivo do día 6 para coñecer o nome da persoa que substituirá a José Manuel Barreiro á fronte do PP lucense.

Durante a primeira fase da campaña, a alcaldesa de Mondoñedo e voceira do PP na Deputación, Elena Candia, sumou un total de 1.450 apoios, máis do dobre dos avais presentados por Raquel Arias, que pechou a campaña con 690 sinaturas.

Candia destacou que a militancia tivo «unha gran acollida» ás incorporacións de profesionais do ámbito sectorial, como o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez. Elena Candia tamén suliñou o apoio á súa candidatura do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, do tenente de alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, da presidenta do PP de Monforte, Julia Rodríguez, ou do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco.

Pola súa banda, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, lembrou que «a algúns lles gusta saltarse etapas, pero a elección da nova presidenta será ao seu tempo, no congreso do 6 de marzo». Arias manifestou que a implicación que tivo a militancia no proceso de elección de compromisarios «é de por sí un soplo de aire fresco para a nosa organización». Arias afirmou que «é moi alentador contar co respaldo de máis da metada dos alcaldes populares». •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición para os postos da Feira Medieval de Monforte

Seguinte Nova

A Deputación presentou o Lugowork, o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: