A ocupación dos catamaráns da Deputación na Ribeira Santa rozou o 100% durante a Semana Santa

•Un total de 1.700 visitantes disfrutaron das Rutas Fluviais, que estiveron operativas todos os días da Semana Santa

As Rutas Fluviais da Deputación estiveron operativas durante todos os días da Semana Santa.GPDL.
As Rutas Fluviais da Deputación estiveron operativas durante todos os días da Semana Santa.GPDL.

• Un total de 1.700 persoas disfrutaron dos dous percorridos diarios que os catamaráns xestionados pola Deputación de Lugo realizaron durante a Semana Santa. Según explicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos, o nivel de ocupación das Rutas Fluviais do organismo provincial foi praticamente do 100%.

OS USUARIOS VALORARON AS RUTAS CON SOBRESAÍNTE

En concreto, a Ruta do Canón do Sil, que realiza o itinerario fluvial dende Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina, foi a que acadou un maior número de viaxeiros, dobrando en número aos que optaron pola Ruta do Cabo do Mundo, que discurre polo Miño pasando polo embarcadoiro de Belesar e a área recreativa de Maiorga. Santos destacou que os usuarios valoraron cun sobresaínte o servizo das Rutas Fluviais, logo de incorporar diversas melloras de cara a esta tempada vacacional.

O portavoz socialista do Goberno provincial salientou que, despois do intenso horario dos catamaráns durante a Semana Santa, estase a recuperar o ritmo habitual desta época do ano, con dúas saídas ás 11,00 e ás 16,00 horas de mércores a domingo en Doade, e no mesmo horario os sábados e domingos dende Belesar.

NOVIDADES DENDE ESTA SEMANA SANTA

Ademais destes dous itinerarios intensivos dos catamaráns xestionados pola Deputación, a Semana Santa trouxo máis novidades neste servizo. Para esta tempada vacacional, tivo lugar a posta en funcionamento dunha oficina de turismo no embarcadoiro de Doade, que ofrece venda de billetes de catamarán e información turística sobre a Ribeira Sacra e o conxunto da provincia de Lugo.

Asimesmo, esta Semana Santa comezou a funcionar a nova central de reservas, que ofrece un servizo de atención integral as 24 horas de luns a domingo, a través do enlace reservas.rutasembalses.es.

Por último, os responsables da Deputación destacaron o reforzo do persoal especializado de atención aos usuarios das Rutas Fluviais. Ata o de agora, un total de 6 persoas estaban encargadas destas tarefas. A partir deste mes, o persoal especializado ascende a 9 traballadores durante a tempada baixa e o verán, e sube ata 12 persoas en datas festivas, como Semana Santa, ou as pontes das Letras Galegas, o Pilar ou a Constitución.•

ESTUDAN ABRIR NOVAS RUTAS DE CATAMARÁN

Según explicaron o presidente da Deputación, Darío Campos, e o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, o organismo provincial está a traballar na posta en marcha de novas prestacións relacionadas co servizo de catamarán. Por unha banda, está en estudo o deseño de novos percorridos, con paradas noutros concellos da zona. Por outra, contémplanse novas medidas para potenciar estas rutas fluviais, que o ano pasado superaron os 50.000 viaxeiros, co obxectivo de desestacionalizar o servizo, atraendo máis turistas en tempada baixa. Estas medidas forman parte do Plan Integral de Turismo que trata de impulsar o organismo provincial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

21 concellos lucenses optan a axudas para Festas de Interese Turístico

Seguinte Nova

Monforte vestiuse de época para celebrar a XIV Feira Medieval

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss