• Por este convenio coa Asociación Española Contra o Cancro, a Xunta pon a disposición dos pacientes oncolóxicos o uso do complexo residencial LUG II
• Ofrece prezos especiais de aloxamento e manutención para persoas procedentes da AECC
• A comezos de abril, tivo lugar a sinatura do convenio entre a Xunta de Galicia e a Asociación Española Contra o Cancro, pola que o organismo autonómico pon a disposición dos doentes de cancro e os seus acompañantes o uso das instalacións do complexo residencial LUG II, que depende da Consellería de Política Social.
Segundo o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, este convenio facilita que os enfermos oncolóxicos que veñen a Lugo a recibir tratamento poidan ter este centro de referencia para os servizos de aloxamento e manutención. Para as persoas procedentes da Asociación Española Contra o Cancro, o LUG II ofrecerá prezos especiais por estes servizos, de 8 euros o aloxamento e 5 euros a comida, entre outros. O LUG II está situado no centro da cidade, na rúa Pintor Corredoira, e próximo ao hospital.•