En marcha a campaña de vacinación da gripe ata o 28 de decembro

• Este ano, Sanidade ofrece unha vacina tetravalente para mulleres embarazadas e menores de 15 anos con algunha condición de risco

O director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, na presentación da campaña de vacinación da gripe 2018, o pasado 5 de outubro. GPXG
Dende o 22 de outubro e ata o 28 de decembro está en marcha a campaña de vacinación da gripe, na que a Consellería de Sanidade ofrece un total de 608.000 doses. Durante 10 semanas, e de xeito ininterrumpido, as vacinas están dispoñibles en arredor de 900 puntos distribuidos por toda a Comunidade.
NOVIDADES DESTA CAMPAÑA
Por primeira vez, adiantouse a vacinación do persoal sanitario, que dispuxo deste servizo dende o 15 de outubro. Outra novidade desta campaña é a inclusión dunha vacina antigripal tetravalente, destinada a mulleres embarazadas e a menores de 15 anos que presenten algunha situación de risco.
VACINA CONVENCIONAL, E OUTRA PARA MAIORES DE 75 ANOS E USUARIOS DE RESIDENCIAS
Ademais, Sanidade segue a ofrecer a vacina convencional, unha antigripal inactivada de antíxenos de superficie, apta para a poboación a partir dos 5 anos de idade. Así mesmo, a campaña inclúe a vacina de antíxenos de superficie inactivados con adxuvante, indicada para maiores de 75 anos e para usuarios de residencias de máis de 65 anos, por xerar unha resposta inmune máis potente.
Este ano, Sanidade adquiriu 48.000 doses máis que na campaña anterior, cun investimento de 2.183.220 euros, o que supón un aumento de 226.980 euros respecto ao ano pasado.
Dende Sanidade lembraron a importancia da vacinación, porque evita casos e reduce a frecuencia de complicacións e o risco de hospitalización. •

A CAMPAÑA DA GRIPE EN LUGO

•Sanidade destina máis de 283.000 euros para cubrir a campaña de vacinación na provincia de Lugo
•A cobertura neste territorio inclúe máis de 83.000 doses, que están dispoñibles en máis de 160 puntos de vacinación, incluídos todos os centros de saúde e hospitais

O PP organizou una conferencia en Lugo sobre os problemas da non vacinación

A conferencia contou coa presenza da deputada autonómica e responsable da Comisión Provincial de Sanidade, Encarna Amigo, e o doutor Carlos Quintas, Xefe do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do HULA. (Foto cedida).

Días antes do inicio da campaña de vacinación contra a gripe, tivo lugar no centro social Uxío Novoneyra de Lugo a conferencia titulada «Os problemas da non vacinación». O relatorio, organizado pola Comisión de Sanidade do Partido Popular de Lugo, estivo a cargo do doutor Carlos Quintas, xefe do servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Hospital Universitario Lucus Augusti.
A actividade tivo como obxectivo difundir a necesidade da vacinación para diminuír o número de casos de gripe, e tamén a gravidade das súas posibles complicacións.
Dende a organización lembraron que na pasada campaña, foron vacinados o 67,88% dos lucenses maiores de 75 anos, o que supón un aumento de máis de 2 puntos sobre a media rexistrada en Galicia para esta banda de idade.
A deputada autonómica e responsable da Comisión de Sanidade do PP, Encarna Amigo, presentou ao relator, e lembrou que «somos afortunados de vivir nunha sociedade e nunha comunidade cun sistema de saúde dos mellores do mundo». Amigo animou aos lucenses a aproveitar «de forma responsable» os recursos públicos, e lembrou a importancia da prevención para a nosa saúde. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Media ducia de novas empresas en Monforte grazas ao programa Galicia Rural Emprende

Seguinte Nova

A Deputación activa un novo plan de emprego para colectivos sociais

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: