Emprego para 23 recén titulados en FP e grao sen experiencia, co programa Primeira Oportunidade

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, deu a coñecer o programa Primeira Oportunidade, o 26 de novembro. GPDL

A Deputación ten aberto ata o 3 de decembro o prazo para anotarse no programa Primeira Oportunidade. O plan ofrece emprego a 23 recén titulados en FP ou grao, en especialidades impartidas na provincia, e sen experiencia laboral. Os contratos en prácticas permitirán aos beneficiados traballar ata un máximo de dous anos na propia Deputación. Os solicitantes de máis de 30 anos deberán ter rematados os estudos non antes de 2013, e nos perfís que se demandan no programa, ademais de carecer de experiencia laboral nesa profesión. Os menores de 30 anos só terán que acreditar non ter experiencia neste tipo de traballo. Os perfís solicitados poden consultarse na web www.deputacionlugo.gal, no espazo «Primeira Oportunidade». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

75 nenos e nenas da comarca abriron en Sarria as ligas Baby Basket e Xogade

Seguinte Nova

O primeiro rosado de mencía de Vía Romana ten sabor solidario

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: