A Deputación presentou en Fitur a campaña «Lugo, la provincia es tu Camino», que aposta polo turismo experiencial e non masificado

No centro da imaxe, o presidente da Deputación, José Tomé, xunto á tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada. Á dereita, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, no acto «Lugo, la provincia es tu camino», que recolleu a proposta do organismo provincial por un turismo de calidade para a reactivación económica. GPDL

Lugo contou co seu espazo promocional na 41ª Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrou en Madrid do 19 ao 23 de maio. O gran escaparate internacional do turismo amosou os atractivos das terras lucenses como destino turístico experiencial e non masificado, a través da campaña «Lugo, la provincia es tu Camino», impulsada pola Deputación.

TOMÉ: «ESTA EDICIÓN DE FITUR SIMBOLIZA O PUNTO DE PARTIDA DA RECUPERACIÓN DO TURISMO»
O presidente deste organismo, José Tomé, puxo en valor esta aposta turística en Fitur, nun momento no que esta Feira ten «un simbolismo especial, porque simboliza o punto de partida da recuperación do turismo». Unha recuperación que, segundo Tomé, debe realizarse «con sentido común, coa máxima prudencia e tamén con responsabilidade».
Na súa intervención, o mandatario provincial destacou que a provincia de Lugo parte con vantaxe e con moitas oportunidades na nova situación resultante da pandemia. José Tomé mencionou que a Deputación está a traballar para acelerar a recuperación do sector turístico. Con este fin, o organismo provincial lanzou hai pouco os Bonos Impulso, o programa Actívate e o paquete de actividades ao aire libre denominado Coñece a Túa Provincia. En total, este ano a Deputación destina tres millóns de euros ao desenvolvemento turístico.

CATRO RUTAS XACOBEAS PARA REACTIVAR UN TURISMO RESPECTUOSO
Tomé aludiu tamén á importancia do Camiño de Santiago como impulsor do turismo na provincia. Ademais de lembrar que as terras lucenses están atravesadas polo Camiño Francés, o Camiño de Inverno, o do Norte e o Primitivo, o presidente salientou que «a ruta xacobea atrae un tipo de turismo respectuoso e acorde coa nosa liña de traballo».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O polígono do Reboredo conta cun novo vídeo elaborado por Suelo Empresarial del Atlántico

Seguinte Nova

Feijóo defendeu na Feira Fitur o protagonismo de Galicia no Xacobeo 21-22 como destino seguro e de calidade

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: