Chantada acolle unhas xornadas internacionais sobre a creación téxtil contemporánea

Os días 30 de setembro e 1 de outubro, Chantada acollerá as xornadas Tecendo Futuros: prácticas téxtiles contemporáneas, co obxectivo de abordar os oficios e o traballo de diferentes creadores ao ámbito téxtil desde perspectivas diversas, desde a relación do téxtil coa moda, coa ciencia, a arte téxtil, os novos materiais ou os materiais máis tradicionais vinculados a zonas xeográficas concretas O encontro está organizado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da Fundación Artesanía de Galicia, en colaboración co Espazo Vilaseco, e están comisariadas por Lala de Dios, tecedeira, historiadora da arte, investigadora e presidenta de Oficio y Arte e da Asociación para la Creación Textil. Terán lugar no Espazo Vilaseco, no lugar de San Cristovo de Mouricios. As inscricións teñen un custo de 50 € para o público xeral e 40 € para obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e pódense realizar xa na páxina web da Fundación Artesanía de Galicia.
Con esta iniciativa a Xunta busca presentar o panorama da situación actual das prácticas téxtiles contemporáneas, resaltar a súa heteroxeneidade e riqueza. As xornadas comezarán cunha conferencia da holandesa Simone Post, artista e deseñadora de produto, centrada na preservación dos saberes artesanais e da sustentabilidade.
Haberá catro mesas temáticas, e rematarán os días 2 e 3 de outubro coa celebración de dous talleres prácticos como ás xornadas: un dedicado ao traballo cun tear dixital e outro dedicado á experimentación creativa cunha técnica manual con ferramentas sinxelas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte aposta pola ampliación do Polígono do Reboredo

Seguinte Nova

Abre a porta da Memoria para conmemorar Xornada Europea da Cultura Xudía

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss