Novas medidas de transporte público: os maiores de 65 anos viaxarán gratis no bus da Xunta

A Xunta de Galicia, liderada por Alfonso Rueda, está a introducir importantes cambios no sistema de transporte público para o vindeiro ano, como parte dos Orzamentos para 2024. A partir do 1 de xaneiro, os cidadáns maiores de 65 anos poderán viaxar de balde nas liñas interurbanas do autobús da Xunta, ampliando así a gratuidade que xa se aplicaba aos mozos menores de 21 anos mediante a tarxeta Xente Nova.
Trátase dunha medida da que se beneficiarán máis de 50.000 persoas. O mandatario galego adiantou esta medida no Pleno do Parlamento de Galicia, onde apuntou que esta iniciativa se suma a outras do Goberno galego de apoio a este colectivo, recollidas no Orzamento de 2024. En concreto, referiuse ao Carné +65, semellante ao Carné Xove, e que permitirá a este colectivo desfrutar de descontos en servizos, establecementos ou ocio.
José Manuel Balseiro, voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento de Galicia e deputado lucense, sinalou que esta medida busca fomentar a mobilidade sostible na comunidade e facilitar os traslados para as persoas maiores, especialmente na zona rural, onde o transporte público xoga un papel crucial para acceder a servizos de saúde, facer trámites ou participar en actividades de lecer.
Ademais, Balseiro destacou que o novo programa de transporte público representa unha verdadeira «revolución» na mobilidade por autobús.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rueda anuncia a prórroga da bonificación do 50% no transporte público autonómico

Seguinte Nova

Transparencia na xestión da rede de abastecemento de auga potable en Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss