•As institucións convocaron diversas concentracións para expresar o seu rexeitamento ao terrorismo e a súa solidaridade coas familias das vítimas
• MONFORTE REACCIONOU AOS ATENTADOS DE PARÍS CUNHA CONCENTRACIÓN.
En Monforte, os membros da Corporación local concentráronse o domingo día 15 ao mediodía para amosar o seu rexeitamento ao terrorismo tras os atentados de París. (Foto: GPCM.)•
• «A NOSA COMUNIDADE, DIVERSA E MULTICULTURAL, SÚMASE Á REPULSA POLOS ATENTADOS» DIANTE DA DELEGACIÓN DA XUNTA EN LUGO.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou que a concentración do día 16 diante do Edificio Multiusos serviu para «amosar a nosa solidaridade e as nosas condolencias a Francia, e de forma moi especial, aos familiares das vítimas dos atentados terroristas» ocurridos o venres 13 de novembro na capital gala. Arias explicou que «a provincia de Lugo asistiu conmocionada a esta traxedia», e afirmou que «a nosa comunidade, que é diversa e multicultural, súmase á repulsa polos atentados, e reafirmámonos na convivencia pacífica que nos caracteriza e que, sen dúbida, vai ser o mellor antídoto contra o odio dos fanáticos». (Foto: GPDTL).•
• «A MÁIS ABSOLUTA REPULSA E CONSTERNACIÓN» NO COMUNICADO DO GOBERNO PROVINCIAL DE LUGO.
O día 14, o Goberno da Deputación de Lugo emitiu un comunicado para manifestar a súa «máis absoluta repulsa e consternación» ante os atentados de París, e enviouno á Embaixada de España en Francia para a súa comunicación ás autoridades galas. Os membros da Corporación sumáronse á concentración de Lugo organizada pola FEMP e FEGAMP. (Foto: GPDL).•
• A XUNTA TRANSMITIU «EN NOME DOS GALEGOS, O SEU PESAR E SOLIDARIEDADE A TODO O POBO FRANCÉS»
O sábado día 14, a Xunta emitiu un comunicado no que expresaba a súa «máis firme condena» aos atentados rexistrados o venres 13 en París. No comunicado, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu ademais, «en nome do conxunto dos galegos, o seu pesar e solidariedade aos familiares das vítimas e a todo o pobo francés». Na concentración celebrada o domingo diante do Concello de A Coruña, o presidente da Xunta afirmou que «todos os galegos se senten franceses, igual que o conxunto dos españois». (Foto: GPXG).•