• Dende o 1 de xullo e ata o 30 de setembro, estarán en vigor as disposicións relativas á época de alto perigo de incendios forestais, declarada pola Xunta de Galicia segundo a normativa vixente. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, é a que establece as medidas para evitar e sofocar os lumes forestais na tempada estival, considerada de máximo risco polas condicións climatolóxicas. Segundo este ordenamento, quedan prohibidas dende o 1 de xullo e ata o 30 de setembro as queimas de restos agrícolas e forestais en Galicia. Os permisos xa concedidos e non executados quedan en suspenso, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• A mostra organizada polo Concello desenvolverase na rúa Cardeal do 5 ao 9 de agosto
• O Deputado de Promoción Económica e Social destacou que este proxecto, financiado integramente pola institución
A Xunta investirá este ano máis de 221.000 euros nas axudas dirixidas a apoiar os catro