Comezan as obras do Viveiro Industrial de Empresas de Bóveda

Comezaron os traballos para a construción da nave que albergará o Viveiro de Empresas de Bóveda. Fotos GPCB..

O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro industrial de empresas no parque empresarial da localidade, na zona de Casas Novas. A actuación, que supón un investimento de 450.000 euros, está financiada ao 80% pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que dirixe Francisco Conde, e o 20% restante será cuberto con fondos propios do Concello de Bóveda.
O alcalde, José Manuel Arias, explica que con esta actuación “se busca fixar poboación no rural, pero tamén fomentar e xerar novas oportunidades de negocio que axuden a dinamizar o entorno rural ao que pertence o Concello”.
A localidade está experimentando ademais, engade, unha transformación da súa estrutura social e laboral, coa instalación de novas familias procedentes de contornos urbanos e tamén de persoas xoves orixinarias deste Concello ou doutros próximos que pretenden desenvolver a súa actividade laboral na Comarca.
Cada vez mais, pequenos empresarios e autónomos demandan espazos non moi amplos, pero si con tódolos servizos que a tecnoloxía proporciona hoxe, e de dispoñibilidade case inmediata, a fin de poder formarse ofrecer os seus servizos á sociedade. Isto resulta complexo cando queren instalarse en pequenos locais comerciais clásicos pola cantidade e dificultade de acondicionamento dos mesmos.
Cómpre ter en conta ademais a posición do Parque Empresarial con respecto da vía de altas prestacións Nadela-Monforte e os seus nós de enlace, que converten a este Parque nun polo de intercambio de mercadorías entre os diferentes operadores de transporte e de transporte lixeiro da comarca.
O proxecto propón crear un espazo de formación teórico e práctico e de traballo compartido onde os diferentes actores de diversas profesións poidan desenvolver a súa actividade, optimizando recursos, dar a coñecer un negocio e crear sinerxías con outros profesionais.
O viveiro industrial ofrecerá espazos de traballo (despachos) con banda ancha en redes, sala de reunións, sala de conferencias, sala de reprografía, así como espazos formación individualizada ou conxunta, e tamén formación práctica, así como de intercambio de ideas.
Este espazo ocupará dúas parcelas de uso industrial do Parque Empresarial do Concello de Bóveda, cunha superficie de 1.502,70 metros cadrados.
As parcelas conforman unha planta triangular cun desnivel entre vértices de ata seis metros. O viveiro estará na súa totalidade en planta baixa. A entrada peonil efectuarase na parte máis ancha da nave. A esta planta tamén se poderá acceder en horizontal ao taller con vehículos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Sober creará unha escola infantil de 40 prazas

Seguinte Nova

A neve caída a pasada semana causou numerosos incidentes nas estradas da comarca

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss