Agromuralla califica de “trampa” a rebaixa do ive do leite e o desconto no gasóleo para os gandeiros

O presidente de Agromuralla, José Luis Pérez Barreiro, subido ao tractor da súa gandería, Caseiro SAT, situada no concello da Pastoriza. Foto AGROMURALLA.

A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla denuncia que algunhas das medidas aprobadas polo Goberno central para facer fronte á inflacción supoñen “unha trampa para as explotacións leiteiras”.
Como consecuencia da rebaixa do IVE do leite do 4% ao 0%, as empresas están deixando de pagar o IVE aos gandeiros nas súas facturas pola compra do leite, mentres que as explotacións teñen que seguir pagando o imposto nas súas compras de medicamentos ou outros insumos, sen ter posibilidade de compensalo nas declaracións trimestrais coas cantidades cobradas por este concepto.
“No trimestre ingrésase a diferencia resultante do IVE repercutido menos o soportado, polo que a cantidade a abonar non vai esar compensada e imos ter que agardar ata o 31 de decembro para poder solicitar a devolución, que non o cobraremos ata maio de 2024”, denuncia Agromuralla.
Esta medida supón ademais unha “discriminación entre explotacións”, xa que a aplicación da rebaixa do IVE vai depender do rexime no que se atopen encadradas á hora de determinar o rendemento da súa actividade. Esta situación de IVE ao 0% afecta unicamente ás explotacións que están en Estimación DirectaPola contra, as explotacións que permanecen no sistema de Módulos, moitas veces ganderías pequenas, seguirían cobrando o IVE pola venda do seu leite, neste caso o 10,5%, xa que non fan declaración trimestral e considérase un ingreso máis da explotación.
As industrias que recollen en Galicia están comunicando estes días aos produtores este cambio na facturación do leite de cara á súa aplicación nas compras e recollidas que están a efectuar en xaneiro, aínda que algunha delas, como Nestlé, xa aplicou esta medida no leite do mes de decembro, facturado con data 9 de xaneiro, e ao que a compañía suíza xa aplicou o tipo impositivo do 0%.

BONIFICACIÓN GASOLEO
Ao igual que no caso da rebaixa do IVE ao leite, o sistema para o mantemento da bonificación de 20 céntimos por litro ao gasóleo agrícola supón “que os gandeiros teñamos que adiantar os cartos”, denuncia Agromuralla, xa que a axuda concederase aos agricultores que exerzan o seu dereito á devolución das cotas do Imposto Especial de Hidrocarburos.
A devolución poderase solicitar a partir do vindeiro 1 de abril pero non se cobrará até o 2024.
“Os produtores de leite estamos facendo de banco para o Goberno, financiando as súas medidas de cara ás eleccións”, quéixanse en Agromuralla.
O desaxuste contable provocado en moitas granxas vai facer que teñan problemas de liquidez nun momento de custos de produción elevados como os que se dan neste momento, xa que o feito de non ingresar IVE pola venda do leite vai afectar ao diñeiro circulante do que dispoñen as explotacións para pagar investimentos, créditos e compras. Desde Agromuralla consideran que medidas como a rebaixa do IVE a unha serie de productos considerados básicos “tan só supón prexuizos para os produtores e escasos beneficios para os consumidores”, xa que “non está a surtir os efectos pretendidos no abaratamento da cesta da compra porque moitas cadeas de supermercados subiron primeiro artificialmente os prezos, polo que están igual de caros que antes de rebaixarlles o IVE”, aseguran. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de solicitude dunha nova edición do Bono Autónomo e do programa Xempre Autónomo

Seguinte Nova

Obradoiros para recuperar a tradición do brindo en Brollón

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss