
Á edición deste ano presentáronse case medio cento de ideas. A maior parte delas son iniciativas a desenvolver en Galicia, pero chegaron propostas doutras comunidades como Valencia, Cataluña ou Madrid.
O pasado 19 de xullo o xurado reuníase para seleccionar as 10 ideas que agora deberán presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro. As ideas seleccionadas polo xurado do IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra son:
- Aobá Upcycling, Fashion Made for Earth Lovers, reutilización materiais roupa.
- Bikarte, renting de bicicletas eléctricas con audio guía.
- Chorima, cosmética atlántica con extractos vexetais.
- Eco-Aqua, Proxecto de Abastecemento Hídrico Sostible na Ribeira Sacra.
- ENZICAS, Queixos e embutidos madurados con castañas.
- LABRAVA S. COOP. GALEGA, cooperativa de traballo asociado no sector agrario e forestal.
- LamasDulce, galletas personalizadas.
- O portal de emprego e oportunidades do rural galego, plataforma de empregabilidade no rural.
- Planta procesadora de excedentes de produtos agrícolas.
- RURAL O URBANO, espazo Gourmet & Lifestyle.
As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará ós finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de outubro, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.•