Acordo entre a Xunta e o sector da hostalería para ampliar as axudas ata os 9.200 aos establecementos pechados polas restricións sanitarias

•A versión final do documento incorpora as melloras suxeridas tralas sucesivas reunións do Executivo galego cos representantes dos diferentes sectores

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, mantén un encontro con organización de responsables de hospedaxe

As negociacións para acordar as axudas autonómicas ao sector da hostalería chegaron ao seu fin a mediados de novembro. O acordo final que a Xunta asinou coa Mesa de negociación da hostalería de Galicia inclúe un incremento de cinco millóns máis de euros para o fondo de achegas ao sector.

ATA 17 MILLÓNS PARA RESCATAR Á HOSTALERÍA EN GALICIA
Deste xeito, ascende ata os 17 millóns o orzamento para axudar aos negocios que tiveron que pechar por mor das medidas sanitarias impostas en outubro. O resultado final será que cada establecemento pechado polas restricións oficiais poderá recibir entre un mínimo de 6.700 euros ata un máximo de 9.200. Estas achegas intégranse no marco do Plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas.
O documento xestouse ao longo de varias xuntanzas mantidas co sector polo vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, ao longo das últimas semanas. Por parte do sector, estiveron na Mesa de negociación presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e polo sector de hostaleiros, Héctor Cañete, César Clemente Sánchez-Ballesteros e Cheché Real, presidente da APEHL.

A XUNTA COMPROMETEUSE A QUE AS AXUDAS SE TRAMITEN «DE FORMA ÁXIL E SINXELA»
Rueda insistiu na necesidade de que se implique o resto das administracións, en referencia ao Goberno central, Deputacións e Concellos, unindo esforzos para rescatar a un dos sectores máis afectados pola crise sanitaria. O vicepresidente primeiro da Xunta destacou o compromiso do Executivo autonómico para que as axudas se tramiten «de forma áxil e sinxela». Por último, Rueda agradeceu ao sector «a súa vontade de diálogo» para apoiar este acordo.

TRES CONCESIÓNS NO ACORDO POR PETICIÓN DA HOSTALERÍA
Pola súa banda, Lorenzana enumerou os puntos nos que a Xunta aceptou as demandas da Mesa de negociación, que se materializaron na suba da contía das axudas, a redución das esixencias para acceder ás mesmas e a simplificación administrativa.

MÁIS VANTAXES QUE NAS AXUDAS ESTATAIS
A conselleira de Emprego e Igualdade aproveitou o anuncio do acordo co sector hostaleiro para comparar as medidas de apoio aprobadas pola Xunta coas do Goberno central. Lorenzana salientou que o Executivo galego rebaixou as esixencias de perdas nos establecementos ao 45%, e permitiu que estas achegas sexan compatibles e acumulables entre si, para apoiar aínda máis ao empresariado afectado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O monfortino Eduardo Iglesias promocionará Galicia Calidade no Rally Dakar

Seguinte Nova

A Deputación apoia con 100.000 euros a financiación da nova cuberta do Multiusos de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss